O “GTI”

O amado e adorado coche do meu irmán, que tras moito insistir conseguiu que o pintase.

 

IMG_6002

Anuncios

“El monstruo de un solo ojo”

IMG_5124

Este cadro do mítico “El monstruo de un solo ojo “ de Churruca , en  Vigo o pintei para  facer un regalo de voda a uns noivos que  se coñeceron  ahí un sábado de fará  sete anos.  Non só é especial para os namorados , para nós ese  local  da esquina ,agora pechado  dende fai xa uns anos sempre será “El monstruo” onde pasamos grandes  noites de venres e sábado  de carallada   escoitando boa música e pegándonos uns bailes. Monstruo nunca te esqueceremos…

“A TRAIÑA”

A TRAIÑA
A TRAIÑA

Acrílico sobre lienzo

60x90cm

Este cadro  o que titulei ”A traíña” pode ser calquera equipo  de traíñas do norte de península , pero  en realidade foi pintado a partir dunha  foto que atopei en internet do “Elantxobe Arraun Elkarte”. Pareceume unha fermosa instantánea que podía quedar  moi ben plasmada nun lienzo.

A idea de pintar unha traíña xurde  que durante algúns anos da miña vida , xa fai baste tempo , dedicaba o meu tempo de “lecer” a practicar este deporte ,que a pesar de que estaba cheo de feridas, dores de espalda,madrugóns ,callos, fatigas,chuvia ,calor,frío, molladuras, decepcións , largas horas de adestramento diarias  e desgustos , pensó que é un deporte moi fermoso  que tamén está cheo de compañerismo, alegrías , viaxes  e do que  gardo os mellores recordos da miña vida .